Posiblemente algúns dos momentos máis felices do pasado curso escolar. Unha recopilación de fotos de todo o curso presentadas coa aplicación Canva. Espero que vos guste.
Todo un curso escolar(2022-2023) de Ramon Pastorizaverdeiroles
Blog de SEGUNDO do CEIP Sequelo
luns, 31 de xullo de 2023
martes, 20 de xuño de 2023
VIAXE EN TREN
Por fin chegou o día da representación. Hoxe, os de 2º, despois de moitos días de ensaio e preparación de escenografía(máscaras, disfraces, tren,...) puidemos por en escea a peza teatral "Viaxe en tren", de Euloxio R. Ruibal. Esperamos que vos gustase; nós pasámolo moi ben. QUE NUNCA SE PERDA A MAXIA DO TEATRO!
mércores, 14 de xuño de 2023
domingo, 11 de xuño de 2023
GRANXEIROS POR UN DÍA
O pasado luns, 5 de xuño, fixemos a última saída deste curso; visitamos o Ecoparque Atalaya, en Viascón(Cerdedo-Cotobade). Démoslle de comer aos animais: galiñas, pombas, patos, ovellas, cabras,... Tamén puidemos ver cabalos e un porco celta. Ah!, e un burro!
Despois de facer unha pausa para repoñer forzas, leváronnos a unha pequena horta na que plantamos millo e tamén fixemos unha plantación en altura con medias botellas de auga. Despois trouxémola para o colexio. Pasámolo moi ben e esperamos poder volver outro ano. Sería moi chulo poder
tirarse pola tirolina que teñen!
mércores, 7 de xuño de 2023
VISITAMOS A CASA-MUSEO ROSALÍA DE CASTRO
ACCIÓNS PARA SALVAR O NOSO PLANETA
Os alumnos de 2º xuntámonos por equipos. Preguntámonos que podiamos facer para protexer o noso planeta. Tivemos que chegar a acordos para plasmar as ideas máis importantes nun mural,sen repetirnos. Démonos conta de que non é doado poñernos a todos de acordo... pero é necesario aprender a facelo!