martes, 31 de marzo de 2020

MATEMÁTICAS 2º

Lembrade que non é imprescindible imprimir a ficha; podedes copiar os problemas nunha libreta, folio, etc. Podedes deixar as dúbidas en comentarios.

SABELA, AS ZOCAS MÁXICAS E O CORONAVIRUS.(PROXECTO AULAS GALEGAS)

Esperamos que, con esta canción de José Carbia profe do CEE de Velle con pictogramas e a adaptación de Tareixa Martínez do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios á lingua de signos, todas e todos poidamos comprender por que é importante a expresión “Eu quedo na casa”. Achegamos primeiro a canción cos pictogramas e logo o vídeo en lingua de signos. Agardamos que guste a toda a rapazada!!!   * Gustouche a canción? Deixa a túa opinión en Comentarios * Elixe o teu pictograma favorito do vídeo e píntao nun folio --- Importante: Visita os blogs de Inglés, Ed. Física, Música, etc. que están na web do CEP Sequelo

luns, 30 de marzo de 2020

MATEMÁTICAS 1º

Para os que terminastes no Cuaderno de Matemáticas a Unidade 9, esta fichas serven como REFORZO. Sei que as podedes resolver pero, se tendes dúbidas,  podedes preguntar en "Comentarios" deste mesmo blog ou polo gmail. ÁNIMO!

LEMOS UN LIBRO

HOXE PODEDES LER UN LIBRO COMPLETO. A EDITORIAL SALVAT PON Á NOSA DISPOSICIÓN DURANTES ESTES DÍAS UN FEIXE DE LIBROS DE BALDE, É DICIR, QUE PODEMOS BAIXAR DE XEITO GRATUITO. ESTÁ PENSADO PARA OS LECTORES AVANZADOS DE 1º E , POR SUPOSTO, PARA 2º, 3ºE 4º .A VER SE VOS GUSTA. Se queres facer o teu propio "Libro da selva" nun folio, ánimo e compárteo!

RESOLVEMOS PROBLEMAS 2º

Hoxe imos repasar a resolución de problemas. Se podes, imprime as seguintes páxinas; se non, copia os problemas directamente nunha libreta ou folio. Acórdate de ler ben o problema varias veces, subliñar os datos e repasar as operacións.

domingo, 29 de marzo de 2020

NOELIA . O CONTO DA TOUPIÑA

  Noelia partiuse de risa co conto da Toupiña. Mirade que versión máis "chula" fixo do conto. Ben feito!
   Lembrade que podedes deixar os vosos comentarios  a pé de imaxe.

sábado, 28 de marzo de 2020

AINHARA E OS SEUS PERSONAXES

A Ainhara gústalle crear os seus personaxes e darlle vida para xogar con eles. A ti tamén che gusta inventar historias ou fabricar personaxes? Anímate e compárteo con todos!

venres, 27 de marzo de 2020

IMATEO ILUSTRA O CONTO DA TOUPIÑA



Foi ver neste blog hoxe pola mañá o conto de "A Toupiña que quería saber quen lle puxera aquilo na cabeza" e púxose a debuxalo. Mateo fíxoo en 6 viñetas, como se dun comic se tratase. 
Un gran traballo!

MATEMÁTICAS II 2º

O CONTO DA TOUPIÑA

Na web de Aulas Galegas(As miñas webs) atopamos este conto que podemos ler, escoitar e cantar. Pasade un momento divertido! Sei que vos gusta debuxar e colorear moito. Podes coller un folio, unhas ceras ou unhas pinturas e debuxar o conto á túa maneira. Ánimo!

xoves, 26 de marzo de 2020

COAS MANS NA MASA

A Alba encántalle facer magdalenas; xa é casi unha experta. E seus pais están moi contentos de que lle guste e axude un pouco na casa. Quen dixo que os nenos de 6 ou 7 anos non podían facer nada na casa? Ademais, así váisenos pasando o tempo moito mellor. Ummm... Quen me dera probar unha desas ricas magdalenas!

UN POCO DE LECTURA

Esta es una ficha de lectura. Léela varias veces con la ayuda de tus padres, si la necesitas. También puedes imprimirla para colorearla o copiar las frases en una libreta o donde tú quieras. Puedes dejar tus comentarios, dudas o preguntas al pie de este envío. También por email. A continuación te dejo otra ficha parecida. Haz clic AQUÍ.

LINGUA GALEGA 2º

mércores, 25 de marzo de 2020

MATEMÁTICAS 2º

NOELIA QUEDA NA CASA. VIRUS FÓRA!



 Noelia quixo amósarnos o seu bo gusto polos traballos plásticos.
Á esquerda vemos unha pancarta para colgar do balcón. Nela inclúe a toda a familia coas mans e mantén á raia aos coronavirus. Á dereita, lucindo a súa espectacular diadema, un debuxo máis persoal do arco da vella.

"OS VIRUS NON PASAN"














Joel comparte con nós este poema. A poesía sérvenos para expresar como nos sentimos. E ti... Como te sentes? Escribe un poema, debuxa, le unha historia, inventa unha canción,... E, se queres, podes compartila. Ou deixar os teus comentarios.

martes, 24 de marzo de 2020

ACTIVIDADE DE CIENCIAS NATURAIS(2º)

JUGAMOS CON LOS NÚMEROS(1º)

  Dentro de mis webs favoritas de este blog se encuentra MUNDO PRIMARIA. Hoy te propongo que juguemos con los números, así podremos repasar la numeración, las series, sumas y restas. Pincha en la imagen y DI- VIÉR-TE -TE!
 No te olvides de visitar los blogs de Música, Inglés o Educación Física en la web del cole!

luns, 23 de marzo de 2020

ACTIVIDAD DE LENGUA 2º

O pasado sábado celebrouse o Día Mundial da Poesía. Para celebralo déixovos este poema. Lédeo e tratade de contestar ás preguntas. Se non recordades o que son os sinónimos e os antónimos, buscádeo no libro do 1º trimestre.

21 MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA

  O pasado sábado, 21 de marzo, celebrouse en todo o mundo o Día da Poesía. Convídovos a que estes días leades poesía e que lle pidades a vosos pais que vos lean algún poema.
  Déixovos un poema de Gloria Fuertes para que o leades con calma. Lédeo varias veces, en silencio e en alto. Contestade as preguntas.Alguén se anima a escribir un poemiña e mandarmo?

domingo, 22 de marzo de 2020

O GAITEIRO E O LOBO


         Alonso regálanos este divertido conto.

  • Pensa:  Como se salvou o gaiteiro do lobo? Cal é o teu instrumento musical favorito?

sábado, 21 de marzo de 2020

QUE BEN SE ESTÁ NA CASA!

Borja e Leire regálannos este estupendo mural. Noraboa polo voso traballo. Que ben se está na casa, a que si!

PANCARTA PARA QUEDAR NA CASA

Magnífica pancarta que Joel e seu irmán quixeron compartir con todos nós. Fixádevos no detalle da dereita. Como o vexan os Coronavirus non creo que se atrevan a parar en Marín!

venres, 20 de marzo de 2020

LABIRINTO MOTOR


   Da miña web favorita Proxecto Aulas Galegas sacamos esta interesante actividade que che propoño: labirinto motor O obxectivo é MOVERSE! Terás que ir superando moitos retos bailando, facendo mindfulness ou movéndote escoitando contos para abrir o cadeado final! Fai clic na imaxe.
   Sigo agardando as vosas propostas, preguntas, fotos, etc. no meu email.


EU TAMÉN QUEDO NA CASA

  Álvaro(1º curso) e súa irmá Nora quixeron compartir con todos este estupendo traballo do arco da vella co seu toque personal, para convidarnos a que esteamos na casa e nos expoñamos o mínimo posible a un posible contaxio.  GRAZAS POR COMPARTILO!

mércores, 18 de marzo de 2020

martes, 17 de marzo de 2020

TODO VAI SAÍR BEN

Empezou en Italia, e non me refiro ao Coronavirus senón ao costume de poñer nas fiestras, nos balcóns, nos ascensores das casas un ARCO DA VELLA  cunha lenda positiva, de ánimo: Por ex.: TODO VAI SAÍR BEN ou EU QUEDO NA CASA
  Clicando  AQUÍ podes acceder á imaxe, descargala, coloreala e pegala en sitio visible.

Por culpa do virus

  Este blog nace pola necesidade de comunicarnos cos nosos alumnos e as súas familias,  nun tempo no que a nosa relación se viu interrumpida por un visitante inesperado que nos trastocou a vida a todos, o Coronavirus.
  De súpeto, vémonos recluídos, sen poder saír das nosas casas, baixo unha declaración oficial de Alarma. Temos que ocupar o noso tempo e os nosos alumnos deben seguir coas súas rutinas, os seus xogos e o seu tempo de aprendizaxe. Trátase de que colaboremos todos  para levalo o mellor posible.
   ENTRE TODOS, GAÑAREMOS ESTA LOITA!