mércores, 28 de outubro de 2020

PRESENTACIÓN DE JOEL: O CORPO HUMANO

        Xa que estamos estudando o corpo humano en Ciencias Naturais, JOEL tivo unha magnífica idea: Preparar unha presentación de diapositivas tipo Power Point. Buscou as imaxes axeitadas,descargounas.Escribiu un texto explicativo de cada imaxe. Ordeou as diapositivas e o resultado foi unha estupenda  presentación. Por último, esta semana amosounos o seu traballo proxectándoo na pantalla interactiva. Grazas por compartir o teu traballo, Joel!

domingo, 25 de outubro de 2020

OS COGOMELOS DE MAEL

   O pasado venres, Mael chegou ao colexio cunha cesta de cogomelos. Quería compartir con todos os seus compañeiros a súa afección polos fungos.


   Seus pais iniciárono nela e agora encántalle saír ao monte os fin de semana para recollelos e despois poder degustalos.

  Agora, grazas a Mael, os de 2º curso sabemos un pouco máis dos cogomelos. Por exemplo, sabemos que non debemos coller aqueles exemplares que non coñezamos. Isto é moi importante porque hainos comestibles e non comestibles.  Ademais, amosounos distintos exemplares, como son o boletus edulis ou os cantarelos, entre outros.