martes, 22 de decembro de 2020

GRANDE ÉXITO NO CONCURSO DE ADORNOS DE NADAL!

 Está claro que en destreza manual, imaxinación e conciencia de reciclaxe poucos lle gañan aos de 2º curso. Parabéns a Noelia, gañadora da súa categoría; a Sebastián, Joel e Álvaro, finalista e participantes destacados. Grazas a todos e todas os que participastes polo voso traballo e o voso esforzo. Todos mereciades o premio.








FINALISTAS NO CONCURSO DE POSTAIS NAVIDEÑAS

 Ainhara, Noelia e Leire volveron a amosar a súa creatividade e a súa boa man nos traballos de debuxo e pintura. Elas foron finalistas no Concurso de Postais Navideñas. Noraboa!



mércores, 18 de novembro de 2020

ROBERTO. CREMA DE CASTAÑAS E CHOCOLATE

  ESPECTACULAR E RIQUÍSIMA DEBEU DE QUEDAR ESTA CREMA DE CASTAÑAS. 

Roberto puxo todo o seu interese e non saltou ningún paso nin se deixou ningún ingrediente atrás. Grazas por compartilo!



martes, 17 de novembro de 2020

ANGEL SOAGE V. TORTA CON FARIÑA DE CASTAÑAS

 ÁNGEL aproveitou a fin de semana para meterse na cociña e obtivo esta rica torta feita con fariña de castañas e decorada con noces. Grazas por compartir esta sobremesa con todos nós.

luns, 16 de novembro de 2020

FLAN CON CASTAÑAS. JOEL E SEU IRMÁN HUGO

 JOEL AMÓSANOS, XUNTO A SEU IRMÁN HUGO, COMO SE FAI UN FLAN CASEIRO DE CASTAÑAS. 

Hai que ver o ben que o pasaron! Grazas por compartir o vosos traballo.



domingo, 15 de novembro de 2020

ÁLVARO. GALLETAS CON FARIÑA DE CASTAÑAS

 ÁLVARO púxose mans á masa e, xunto con súa irmá, Nora, elaborou unhas riquísimas galletas feitas con fariña de castañas. Noraboa polo teu traballo. Grazas ao equipo de produción do vídeo!


sábado, 7 de novembro de 2020

Los meses y los días de la semana

 Con el juego de la Ruleta de palabras podrás repasar los días de la semana y los meses del año.

luns, 2 de novembro de 2020

PREMIOS SAMAÍN 2020: PRIMEIROS PREMIOS PARA 2º

      Os nenos e nenas de 2º curso estamos de noraboa xa que obtivemos dous primeiros premios no SAMAÍN 2020.

      Dunha banda, no Concurso de Debuxos Terroríficos, Ainhara Villanueva Veiga obtivo o 1º Premio na categoría de 1º, 2ºe 3º.

      Doutra banda, Álvaro Veiga Balagones obtivo o 1º Premio á Mellor Cabaza na mesma categoría co seu "Pallaso diabólico"

     NORABOA AOS PREMIADOS ! 

    Aínda que sexan premios individuais e nos alegramos moito por Ainhara e Álvaro, tamén o consideramos un premio de todos, de todo o grupo. Todos fixeron un bo debuxo, algúns moi bos; algúns fixérono na casa e despois outro no cole. Felicitacións a todos polos vosos traballos. E que decir das cabazas! Presentáronse cabazas moi orixinais e de moito traballo. Todas eran merecedoras de premio. Grazas a todos e todas polo voso tempo e o voso esforzo!

  • Todos os traballos premiados xunto á exposición de cabazas talladas están publicados na web do colexio e no blog da Biblioteca.
Álvaro recolle cheque e diploma



 Ainhara recibe o seu premio

mércores, 28 de outubro de 2020

PRESENTACIÓN DE JOEL: O CORPO HUMANO

        Xa que estamos estudando o corpo humano en Ciencias Naturais, JOEL tivo unha magnífica idea: Preparar unha presentación de diapositivas tipo Power Point. Buscou as imaxes axeitadas,descargounas.Escribiu un texto explicativo de cada imaxe. Ordeou as diapositivas e o resultado foi unha estupenda  presentación. Por último, esta semana amosounos o seu traballo proxectándoo na pantalla interactiva. Grazas por compartir o teu traballo, Joel!

domingo, 25 de outubro de 2020

OS COGOMELOS DE MAEL

   O pasado venres, Mael chegou ao colexio cunha cesta de cogomelos. Quería compartir con todos os seus compañeiros a súa afección polos fungos.


   Seus pais iniciárono nela e agora encántalle saír ao monte os fin de semana para recollelos e despois poder degustalos.

  Agora, grazas a Mael, os de 2º curso sabemos un pouco máis dos cogomelos. Por exemplo, sabemos que non debemos coller aqueles exemplares que non coñezamos. Isto é moi importante porque hainos comestibles e non comestibles.  Ademais, amosounos distintos exemplares, como son o boletus edulis ou os cantarelos, entre outros.

  


venres, 12 de xuño de 2020

XOGOS PARA REPASAR LENGUA E MATEMÁTICAS


A Junta de Castilla y León preséntanos, en colaboración con Mundoprimaria, uns xogos interactivos para repasar Lingua castelá e Matemáticas. Facede clic nas imaxes,pincha no teu curso e...pásao ben ao tempo que aprendes!

mércores, 3 de xuño de 2020

O REINO DAS EMOCIÓNS

Os nenos e nenas de 1º este ano fixémonos partícipes das aventuras de Draco e Andreíña, do Reino das Emocións. Quen nos ía dIcir a nós que este ano sería precisamente un ano cheo de EMOCIÓNS! Dende o 13 de marzo vímonos obrigados a quedar na casa por culpa do Coronavirus. Dende aquela, moitas emocións se nos foron xuntando: tristura, medo, agradecemento, ledicia, esperanza, enfado, ánimo... e moitos máis. PERO vós soubestes, co apoio de vosos pais, nais, avós, avoas, irmáns,QUEDAR NA CASA e seguir traballando coma se estiverades na escola. Por todo isto, tendes ben gañado este Diploma. NORABOA A TODOS E TODAS!




O NOME DAS FROITAS

Con este vídeo podemos aprender o nome das froitas en galego, e tamén en lingua de signos. Esta lingua permítenos comunicarnos coas persoas sordas ou sordomudas.

martes, 26 de maio de 2020

SUMAS LEVANDO(1º)

Problema

Nunha farmacia de Marín venderon esta semana 45 máscaras azuis, 14 brancas e 8 negras, para protexerse do Coronavirus.
¿Cantas máscaras venderon en total?

xoves, 21 de maio de 2020

POESÍA DE ANTONIO MACHADO

Antonio Machado está considerado uno de los más importantes poetas en lengua castellana. Le estos dos poemillas y responde a las preguntas. También puedes copiarlos en una libreta e ilustrarlos con los dibujos.

mércores, 20 de maio de 2020

PREMIO A UN ORIXINAL DESEÑO

   
Noelia participou no concurso "O amuleto-xoia d@s miniheroes", convocado pola Xoiería  Rosant, e conseguiu o 3º premio na categoría A. Aquí podemos ver o fermoso debuxo creado por Noelia e o momento no que recolle o seu premio, un estupendo reloxo. NORABOA!

mércores, 13 de maio de 2020

"MEU AMOR É MARIÑEIRO", POLA FAMILIA ARRIBAS LÓPEZ

    A familia Arribas López mándanos este agasallo para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Cando se xunta unha fermosa melodía coa poesía en galego a composición chéganos moi adentro, porque o sentimos como moi noso. Intérpretes: Soraya, flauta; Alberto, trompa; Laura e Alonso, voces. Grazas por compartir a vosa música.

martes, 12 de maio de 2020

ÁLBUM DE MÚSICA

LETRAS GALEGAS 2020. RICARDO CARBALLO CALERO(2º)

Para acceder ás actividades en liña facede clic AQUÍ.

LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARBALLO CALERO (1º)

Nas seguintes páxinas tes moitas actividades relacionadas con Ricardo Carballo Calero. Non tes que facer todas. Elixe as catro páxinas que máis che gusten e fainas. Se queres tamén podes facer máis ao longo deste mes.
Entra nas actividades en liña do Seminario Galán pinchando AQUÍ.

venres, 8 de maio de 2020

Quiz PITAS

 Quiz PITAS por Azucena en Genially
NOELIA 1º
FAI CLIC NA IMAXE PARA PARTICIPAR NUN DIVERTIDO XOGO DE PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE O CONTO DE "AS PITAS BAIXO A CHOIVA"

mércores, 6 de maio de 2020

"AS PITAS BAIXO A CHOIVA". RICARDO CARBALLO CALERO(1º e 2º)

    O 17 de maio celebramos en Galicia o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano está adicado ao escritor RICARDO CARBALLO CALERO. Publicou moitos libros na nosa lingua, libros de poesía, de teatro, novelas, etc.  Aquí cóntanos algo que lle pasou cando era pequerrechiño e que endexamais esquecería. Primero, podes escoitalo e velo. Despois, recoméndoche que o leas facendo pausas no vídeo. Seguro que che resultará divertido!

ACTIVIDADES SUXERIDAS:1.- Escolle a paxina que máis che gustou do conto, debúxaa nun folio, dálle cor e copia o texto coa túa millor letra. 2.- Grávate en vídeo lendo, recitando ou representando unha páxina ou dúas do conto. Compárteo con todos enviándomo ao correo.

martes, 5 de maio de 2020

luns, 4 de maio de 2020

LA TORTUGA NANA (1º)

Seguro que te va a gustar la siguiente lectura. Si la lees más de una vez podrás contestar a todas las preguntas. Tú puedes!

mércores, 29 de abril de 2020

SUMAS LLEVANDO(1º)

La tarde es larga. El tiempo nos invita a quedar en casa. El dragoncete Bertoliño necesita nuestra ayuda para resolver estas sumas. ¿Puedes ayudarle?
Haz clic en la ficha para verla mejor. Ánimo!

luns, 27 de abril de 2020

LOS PECES VAN A LA ESCUELA

Lee el siguiente poema de Gloria Fuertes. Léelo otra vez en alto y trata de entenderlo bien.
  • Después, responde a las preguntas. Puedes copiarlo en una libreta o folio.

venres, 24 de abril de 2020

EL SUPERHÉROE DE LA MASCARILLA

Despois de mes e medio de confinamento a causa da pandemia causada polo Coronavirus os nenos van poder saír dende este domingo, 26 de abril a dar un paseo. Levabades xa tanto tempo agardando esta nova! O seguinte conto pode axudarnos a ter unha emocionante saída e un feliz regreso á casa.
Diante das dúbidas de se empezaban o domingo ou o luns as saídas hoxe sae publicada a Orde no BOE onde di que entrará en vigor dende as 00.00 horas do día 26 de abril. Polo tanto, mañá domingo pódese saír.

MATEMÁTICAS-PLÁSTICA(2º)

Lede ben as instruccións que vos deixo para facer as tarxetas das medidas de peso.

xoves, 23 de abril de 2020

"UN DÍA DE TREBOADA". DÍA DO LIBRO - 23 DE ABRIL

A Editorial Baía Edicións pon ao noso alcance algúns libros moi interesantes para que estes días nos quedemos a ler na casa. Que sorte poder ler esta divertida historia tan ben ilustrada. Esperamos que vos guste. Podes lelo con calma, nun día ou en varios días. Se che gustou deixa oa túa opinión debaixo, en comentarios.

mércores, 22 de abril de 2020

martes, 21 de abril de 2020

A SUMA LEVANDO

Se aínda non tes claro como se suma levando, podes ver este vídeo varias veces e seguro que o entenderás.

luns, 20 de abril de 2020

PRACTICANDO CON -PR-

          Hai algunhas palabras que nos resultan un pouco máis difíciles de ler que outras; por exemplo as que levan -PR-. Esta ficha é de lectura. Debes lela varias veces ata que che resulte fácil. Se podes copiar as frases nunha libreta,I D E A L !

  •   Fai clic para vela a maior tamaño.

      

GHANDI(2º)

Lede este conto.

venres, 17 de abril de 2020

NUMERACIÓN(1º)


         Conocer la numeración es muy importante. Un pequeño esfuerzo más y podrás completar los siguientes ejercicios.

xoves, 16 de abril de 2020

LE E CONTESTA(2º)

Corrección de erros: 1.- Onde di "de la bañeira" debe dicir "da bañeira" 2.- Onde di "Que día da semana báñase máis cedo?" debe dicir "Que día da semana se baña máis cedo?"

MATEMÁTICAS 2º. PROBLEMAS

mércores, 15 de abril de 2020

MARYAM XOGANDO COAS LETRAS

Maryam aproveita un estupendo xogo de letras para repasar o vocabulario de Inglés e para poñer a data: MARTES, 14 DE ABRIL DE 2020.





AINHARA E O GATO CON BOTAS

   Ainhara leu o conto de O gato con botas e parece que lle gustou. Mirade que boa man ten para o debuxo e a pintura! Que emoción expresa cos seus ollos, a súa boca e a súa cara?

EL GATO CON BOTAS. COMPRENSIÓN DEL TEXTO(2º)

ALBA QUEDA NA CASA

Alba pásao moi ben na casa. Xa sabiamos que lle gustaban as magdalenas pero tampouco se lle dá mal a creación plástica. Un arco da vella orixinal. Ben feito!

martes, 14 de abril de 2020

EL GATO CON BOTAS

Ola de novo! Esperamos que esteades todos aí e con bo ánimo para seguir facendo cousas na casa. Hoxe queremos compartir con vós un conto clásico, El gato con botas. Seguro que o ides pasar ben léndoo. 
Actividade suxerida: Escolle a parte que máis che guste do conto, debúxaa e copia un párrafo do mesmo.

xoves, 9 de abril de 2020

XOGANDO A COMPOÑER MÚSICA

  Se che gusta a creación musical ou queres pasar un tempo xogando a ser compositor, Aulas Galegas preséntanos  INTRABOX, un xoguetiño co  que calquera pode compoñer as súas cancións e compartilas. Fai clic na imaxe e... Pásao ben!

martes, 7 de abril de 2020

BIM BUM. A CLAPPING GAME SONG

Agradecémoslle a Soraya López, profesora de música e nai de Alonso(1º) e Laura(5º) que compartira con todos este divertido xogo musical. We thank you so much for sharing this musical game!

luns, 6 de abril de 2020

ROBERTO NO REINO DAS EMOCIÓNS

Roberto quixo agasallarnos coa súa interpretación do Reino das Emocións. Noraboa polo teu traballo!

sábado, 4 de abril de 2020

MATEO E O SEU "MOLINILLO"

A Mateo gústanlle as manualidades. Mirade que molinillo tan ben traballado. Ben feito, Mateo!

MATEO E AS SÚAS CREACIÓNS

    Con moita imaxinación, reutilizando materiais que temos na casa e un pouco de cartulina podemos facer cousas moi "chuliñas". Mateo preséntanos as súas creacións. Noraboa, "artista"!

venres, 3 de abril de 2020

XOGO EN FAMILIA

    A web Aulas Galegas ofrécenos este sinxelo e divertido xogo para toda a familia. Pincha na imaxe, lede as instruccións e... a pasalo ben!

    * Hoxe empezan as vacacións de Semana Santa. Serán unhas vacacións un pouco raras porque as pasaremos na casa. Durante as pasadas tres semanas estivestes traballando  moito e portándovos  ben, polo que queremos FELICITARVOS e animarvos a que sigades así.


     * Nas vacacións non subiremos ningunha proposta de traballo pero se queredes compartir algunha actividade divertida que fagades na casa podedes mandala aos nosos emails.

xoves, 2 de abril de 2020

LENGUA CASTELLANA 2º

ALGO DE CÁLCULO (1º)

    Con un poco de ayuda creo que puedes realizar los siguientes ejercicios. Imprime si puedes o copia directamente en una hoja. Ánimo!




A TARXETA DE MATEO

Mateo entrou na ligazón do Reino das Emocións e compuxo a súa propia historia que quere compartir con nós. Ben feito!

O REINO DAS EMOCIÓNS

Ola, nenos e nenas de primeiro e segundo cursos, Draco, o noso amigo do reino das emocións, enviounos unha mensaxe. (Pincha na imaxe para lela).
Tamén nos deixa un xogo para os que teñamos ordenador.  Consiste en facer unha tarxeta semellante á que vedes arriba, pero co voso toque persoal. A ver se sodes capaces de facer a vosa propia tarxeta con mensaxes positivas para animarnos a todos e todas.

mércores, 1 de abril de 2020

ÁLVARO LE DENDE A CASA

Álvaro aproveita estes días para estar cómodo na casa e ler moito. Noraboa, Álvaro e grazas por compartir esta lectura.

CIENCIAS NATURAIS II (2º)

Se fas clic na seguinte imaxe abrirás un documento para repasar o tema dos réptiles.

1º DE ABRIL: O DÍA DO BURRO

     Hai un vello refran galego que di: "O primeiro de abril van os burros a onde non deben ir" . En moitas comarcas de Galicia era tradicional celebrar este día gastando bromas(o mesmo que se fai o Día dos Santos Inocentes). Cando eu era pequeno(antonte) aínda se mantiña ese costume nalgunha aldea de Marín. Nós chamabámoslle "O Día do Burro". Cando lle gastaba unha broma a alguén decías que lle  meteras o burro. Algo así lle pasou a David, le.
   Sabela vivía en Randán,unha pequena aldea da parroquia de Bertoliño. Saíu a xogar ao camiño e atopou ao seu amigo David un pouco despistado e díxolle:
   - Díxome túa nai que foras para a casa enseguida, que ela ten que marchar a traballar e ti tes que quedar con teu irmán pequeno. 
     Ao chegar á casa súa nai preguntoulle por que volvera tan logo.       É que medixo Sabela que ti lle dixeras...
  - E logo, ti es parvo? Non te das de conta que día é hoxe? - díxolle a nai sen deixalo terminar de falar- Hoxe é o 1º de abril e Sabela "meteuche o BURRO"

    Esta celebración está moi extendida por todo Europa. Para os británicos é o April Fool's Day.
                                  ---
Actividades : Inventa unha broma e trata de contarlla a alguén. Que non sexa moi pesada! 
Completa e colorea o debuxo do burro que aparece aquí.
                                 ---
  
                                  

DEBUXANDO CONTOS

A Joel tamén lle gustou o conto da Toupiña que quería saber que era aquilo que tiña na cabeza. Por outra banda, o debuxo é algo que lle gusta bastante; aí tendes a proba, unha viñeta do conto. Grazas por compartilo.

MARYAM PÁSAO MOI BEN NA CASA

"Eu quedo na casa"
"Gústame estar rodeada de libros"










Maryam vese que disfruta na casa  debuxando, xogando e lendo. Felicidades!