venres, 28 de outubro de 2022

SAMAÍN 2022 CONTOS DE MEDO

Os nenos e nenas de 2º contámoslle un conto aos de Educación Infantil e 1º de Primaria. O título que escollemos foi "Corre, corre, cabaciña", un conto que xa é coñecido por moitos nenos pequenos e que se está convertindo nun clásico.


   

xoves, 27 de outubro de 2022

O XOGO DA MIÑOCA

Dentro do programa Revitaliza, da Deputación Provincial de Pontevedra, hoxe asistimos a un obradoiro de reciclaxe e compostaxe  basado nun xogo de mesa, O XOGO DA MIÑOCA. O primeiro paso para reciclar é unha correcta separación do lixo. CADA COUSA NO SEU CONTEDOR.