xoves, 11 de febreiro de 2021

O MANDABIRLO VASCALLEIRO

Este ano o entroido é diferente. Non están os tempos para moitas festas, non podemos esquecernos do protocolo sanitario. Pero tamén é importante non esquecer as boas tradicións e rirnos de nós mesmos de vez en cando. Quixemos recuperar a "ancestral" tradición de DISFRÁZATE CO QUE TEÑAS MÁIS Á MAN, o que mesmo no noso concello chegou a recibir distintos nomes: VASCALLEIRO, MASCARITA, CHOQUEIRO.  Cada día trouxemos unha prenda diferente e o venres, último día, xuntamos todas as prendas, engadimos algunha máis e xa tes o disfraz de VASCALLEIRO.

Omércores, de garavata.



O martes, un calcetín dun xeito e outro doutro.

O xoves, mandil

 

luns, 1 de febreiro de 2021

DÍA DA PAZ

     Fixemos viraventos con mensaxes de paz e cantamos a "Cantarela dos nenos", de Suso Vaamaonde.