Amosando publicacións coa etiqueta emocións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta emocións. Amosar todas as publicacións

martes, 20 de xuño de 2023

VIAXE EN TREN

   Por fin chegou o día da representación. Hoxe, os de 2º, despois de moitos días de ensaio e preparación de escenografía(máscaras, disfraces, tren,...) puidemos por en escea a peza teatral "Viaxe en tren", de Euloxio R. Ruibal. Esperamos que vos gustase; nós pasámolo moi ben. QUE NUNCA SE PERDA A MAXIA DO TEATRO!






domingo, 11 de xuño de 2023

GRANXEIROS POR UN DÍA

     O pasado luns, 5 de xuño, fixemos a última saída deste curso; visitamos o Ecoparque Atalaya, en Viascón(Cerdedo-Cotobade). Démoslle de comer aos animais:  galiñas, pombas, patos, ovellas, cabras,... Tamén puidemos ver cabalos e un porco celta. Ah!, e un burro!

     Despois de facer unha pausa para repoñer forzas, leváronnos a unha pequena horta na que plantamos millo e tamén fixemos unha plantación en altura con medias botellas de auga. Despois trouxémola para o colexio. Pasámolo moi ben e esperamos poder volver outro ano. Sería moi chulo poder





tirarse pola tirolina que teñen!

mércores, 7 de xuño de 2023

VISITAMOS A CASA-MUSEO ROSALÍA DE CASTRO

 O pasado 25 de maio os alumnos e mestres de 1º, 2º e 5º visitamos a Casa-Museo de Rosalía de Castro, tamén coñecida pola Casa da Matanza, situada en Padrón (A Coruña). A nosa universal poeta viviu ao longo da súa vida en distintas casas; aquí pasou os derradeiros anos da súa vida. Se fas clic AQUÍ podes atopar máis información sobre esta Casa e a obra da escritora máis sobranceira do Rexurdimento galego.







ACCIÓNS PARA SALVAR O NOSO PLANETA

Os alumnos de 2º xuntámonos por equipos. Preguntámonos que podiamos facer para protexer o noso planeta. Tivemos que chegar a acordos para plasmar as ideas máis importantes nun mural,sen repetirnos. Démonos conta de que non é doado poñernos a todos de acordo... pero é necesario aprender a facelo!


Como podemos protexer o noso planeta. de Ramon Pastoriza

xoves, 9 de febreiro de 2023

OBRADOIRO DE FILLOAS

Estamos en tempo de entroido, xa cheira a filloas e orellas. Que ricas!

No cole aprendemos a facer filloas coa profe Belén.

Escachamos e batemos tres ovos, botámoslle medio litro de leite, 200 gramos de fariña, unha cullerada de azucre e un chisco de sal. Aínda houbo que bater ben para que quedase un bo amoado.

Probámolas e... para chupar os dedos!

Coa "filloeira" podíanse facer dúas á vez
Que ben están así quentiñas!



venres, 28 de outubro de 2022

SAMAÍN 2022 CONTOS DE MEDO

Os nenos e nenas de 2º contámoslle un conto aos de Educación Infantil e 1º de Primaria. O título que escollemos foi "Corre, corre, cabaciña", un conto que xa é coñecido por moitos nenos pequenos e que se está convertindo nun clásico.


   

martes, 21 de xuño de 2022

EXCURSIÓN A SOUTOMAIOR E PONTESAMPAIO

 

mércores, 15 de xuño de 2022

EXCURSIÓN AO MONTE PITUCO

 Un espazo natural con riqueza de flora e fauna, con restos de gravados rupestres e unhas impresionantes vistas de Marín e a súa ría. Témolo á porta da casa pero é descoñecido por moitos. Grazas aos veciños de San Xulián que, no seu día loitaron para que seguira sendo espazo natural. É deber de todos coñecelo e coidalo.












xoves, 9 de xuño de 2022

FIN DO CICLO DO VERME DE SEDA: A AVELAÍÑA

 


Xa temos unha AVELAÍÑA, última fase na vida do gusano de seda. O que empezou sendo un ovo, logo unha larva, despois un verme, transformouse en capullo ou crisálida e, finalmente, en avelaíña("polilla"). Na foto vémola movéndose pola parede da caixa.

venres, 29 de abril de 2022

CANTAMOS O MAIO

 Os de primeiro cantamos o maio xunto aos de 2º A e 2º B. Foi moi divertido. Tivemos que aprendernos a copla e ensaiar varios días. Fixemos o maio con fiuncho e pampullos. Aínda nos dou traballo! Houbo que traballar en equipos de 3 ou catro. Clasificamos o fiuncho por tamaños e quitámoslle o talo aos pampullos. Despois,enfiamos a agulla e cosémolos a xeito de colares. AÍ ESTÁ O RESULTADO. Grazas a dúas mamás, Beni e Ana, puidemos terminar a tempo.




martes, 8 de febreiro de 2022

domingo, 6 de febreiro de 2022

A BOTELLA DA CALMA

 A profesora Ruth propúxonos unha actividade moi interesante: Facer, por grupos, a "Botella da calma". Foi moi emocionante! Necesitamos unha botella de auga de litro e medio, auga fría e auga morne, purpurina, estreliñas e tinte. Cando sacudes a botella, mistúrase todo e provoca un efecto calmante. De agora en diante, se algún de nós está nervioso ou moi preocupado só ten que coller unha botella da calma, axitala e quedarse un pouco mirándoa.




luns, 20 de decembro de 2021

O TREN DE NADAL. QUE DIVERTIDO É IR NO TREN!

 O pasado venres pasámolo moi ben no Tren de Nadal. Fomos cos de 3º, cada un no seu vagón, claro! Pasamos polo centro de Marín e saímos cara a carreteira das praias: Portocelo, Mogor e Aguete. Facía algo de frío pero foi divertido porque lle dixemos OLA a moita xente.