Amosando publicacións coa etiqueta plantas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta plantas. Amosar todas as publicacións

domingo, 11 de xuño de 2023

GRANXEIROS POR UN DÍA

     O pasado luns, 5 de xuño, fixemos a última saída deste curso; visitamos o Ecoparque Atalaya, en Viascón(Cerdedo-Cotobade). Démoslle de comer aos animais:  galiñas, pombas, patos, ovellas, cabras,... Tamén puidemos ver cabalos e un porco celta. Ah!, e un burro!

     Despois de facer unha pausa para repoñer forzas, leváronnos a unha pequena horta na que plantamos millo e tamén fixemos unha plantación en altura con medias botellas de auga. Despois trouxémola para o colexio. Pasámolo moi ben e esperamos poder volver outro ano. Sería moi chulo poder





tirarse pola tirolina que teñen!

mércores, 7 de xuño de 2023

ACCIÓNS PARA SALVAR O NOSO PLANETA

Os alumnos de 2º xuntámonos por equipos. Preguntámonos que podiamos facer para protexer o noso planeta. Tivemos que chegar a acordos para plasmar as ideas máis importantes nun mural,sen repetirnos. Démonos conta de que non é doado poñernos a todos de acordo... pero é necesario aprender a facelo!


Como podemos protexer o noso planeta. de Ramon Pastoriza

mércores, 8 de febreiro de 2023

XORNADA MEDIOAMBIENTAL NO LAGO DE CASTIÑEIRAS

O pasado venres, 3 de febreiro, pasamos unha estupenda mañán no Lago de Castiñeiras. Grazas á colaboración da Asociación Juan XXIII, que ten un módulo de Formación Profesional Dual nas instalacións do antigo Centro de Recuperación de Aves, puidemos levar a cabo tres tipos de actividades. En primeiro lugar, visitar as instalacións e coñecer os novos proxectos para estes espacios. Despois, da man do Enxeñeiro de Montes Gaspar Bernárdez, percorremos a contorna do lago para coñecer a súa flora e fauna. Tamén pasamos un momento moi emocionante dándolle de comer ás cabras enanas e as ocas que hai dentro do valado. 

Por último, unha accción non menos emocionante, asistimos á plantación de varias árbores. En fin, que por un día nos convertimos en "axentes protectores do noso planeta". Agardamos que poidamos vivir moitos máis momentos coma este. 


Máis fotos na seguinte ligazón: https://photos.app.goo.gl/He5vv6LZ9YeoBpwT8

martes, 21 de xuño de 2022

EXCURSIÓN A SOUTOMAIOR E PONTESAMPAIO

 

mércores, 15 de xuño de 2022

EXCURSIÓN AO MONTE PITUCO

 Un espazo natural con riqueza de flora e fauna, con restos de gravados rupestres e unhas impresionantes vistas de Marín e a súa ría. Témolo á porta da casa pero é descoñecido por moitos. Grazas aos veciños de San Xulián que, no seu día loitaron para que seguira sendo espazo natural. É deber de todos coñecelo e coidalo.












venres, 29 de abril de 2022

CANTAMOS O MAIO

 Os de primeiro cantamos o maio xunto aos de 2º A e 2º B. Foi moi divertido. Tivemos que aprendernos a copla e ensaiar varios días. Fixemos o maio con fiuncho e pampullos. Aínda nos dou traballo! Houbo que traballar en equipos de 3 ou catro. Clasificamos o fiuncho por tamaños e quitámoslle o talo aos pampullos. Despois,enfiamos a agulla e cosémolos a xeito de colares. AÍ ESTÁ O RESULTADO. Grazas a dúas mamás, Beni e Ana, puidemos terminar a tempo.




domingo, 21 de novembro de 2021

PLANTAMOS NO HORTO ESCOLAR

   Chegou o tempo de plantar verduras. Agora toca coidalas, regándoas e sacándolle as malas herbas. Seguro que así colleremos uns bos froitos.












xoves, 22 de abril de 2021

HORTO ESCOLAR: RECOLLENDO OS FROITOS

 
Onte visitamos o horto escolar para recoller leitugas e sacar as malas herbas. Medraron rapidamente as leitugas, xa están para unha boa ensalada! O malo é que non puidemos plantar para todos e so nos tocaron cinco. Houbo que sortealas. Noraboa aos afortunados!





mércores, 21 de abril de 2021

SEMENTANDO LENTELLAS

 Estes días estamos estudiando as PLANTAS. As plantas son seres vivos que nacen, medran, se reproducen e morren. Para comprobalo levamos todos un vaso de iogur e unhas lentellas. 

LUNS   12  ABRIL

- Sementamos as lentellas

MÉRCORES  14 ABRIL

- As lentellas empezan a xermolar


VENRES   16 ABRIL

- Asoman os primeiros talos

MARTES  20 ABRIL

- Xa medraron varios centímetros os talos