Amosando publicacións coa etiqueta Coronavirus. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Coronavirus. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de maio de 2020

SUMAS LEVANDO(1º)

Problema

Nunha farmacia de Marín venderon esta semana 45 máscaras azuis, 14 brancas e 8 negras, para protexerse do Coronavirus.
¿Cantas máscaras venderon en total?

mércores, 20 de maio de 2020

PREMIO A UN ORIXINAL DESEÑO

   
Noelia participou no concurso "O amuleto-xoia d@s miniheroes", convocado pola Xoiería  Rosant, e conseguiu o 3º premio na categoría A. Aquí podemos ver o fermoso debuxo creado por Noelia e o momento no que recolle o seu premio, un estupendo reloxo. NORABOA!

venres, 24 de abril de 2020

EL SUPERHÉROE DE LA MASCARILLA

Despois de mes e medio de confinamento a causa da pandemia causada polo Coronavirus os nenos van poder saír dende este domingo, 26 de abril a dar un paseo. Levabades xa tanto tempo agardando esta nova! O seguinte conto pode axudarnos a ter unha emocionante saída e un feliz regreso á casa.
Diante das dúbidas de se empezaban o domingo ou o luns as saídas hoxe sae publicada a Orde no BOE onde di que entrará en vigor dende as 00.00 horas do día 26 de abril. Polo tanto, mañá domingo pódese saír.

sábado, 21 de marzo de 2020

PANCARTA PARA QUEDAR NA CASA

Magnífica pancarta que Joel e seu irmán quixeron compartir con todos nós. Fixádevos no detalle da dereita. Como o vexan os Coronavirus non creo que se atrevan a parar en Marín!

martes, 17 de marzo de 2020

TODO VAI SAÍR BEN

Empezou en Italia, e non me refiro ao Coronavirus senón ao costume de poñer nas fiestras, nos balcóns, nos ascensores das casas un ARCO DA VELLA  cunha lenda positiva, de ánimo: Por ex.: TODO VAI SAÍR BEN ou EU QUEDO NA CASA
  Clicando  AQUÍ podes acceder á imaxe, descargala, coloreala e pegala en sitio visible.

Por culpa do virus

  Este blog nace pola necesidade de comunicarnos cos nosos alumnos e as súas familias,  nun tempo no que a nosa relación se viu interrumpida por un visitante inesperado que nos trastocou a vida a todos, o Coronavirus.
  De súpeto, vémonos recluídos, sen poder saír das nosas casas, baixo unha declaración oficial de Alarma. Temos que ocupar o noso tempo e os nosos alumnos deben seguir coas súas rutinas, os seus xogos e o seu tempo de aprendizaxe. Trátase de que colaboremos todos  para levalo o mellor posible.
   ENTRE TODOS, GAÑAREMOS ESTA LOITA!