Amosando publicacións coa etiqueta compartir. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta compartir. Amosar todas as publicacións

luns, 31 de xullo de 2023

Todo un curso escolar

 Posiblemente algúns dos  momentos máis felices do pasado curso escolar. Unha recopilación de fotos de todo o curso presentadas coa aplicación Canva. Espero que vos guste.

Todo un curso escolar(2022-2023) de Ramon Pastoriza

mércores, 8 de febreiro de 2023

XORNADA MEDIOAMBIENTAL NO LAGO DE CASTIÑEIRAS

O pasado venres, 3 de febreiro, pasamos unha estupenda mañán no Lago de Castiñeiras. Grazas á colaboración da Asociación Juan XXIII, que ten un módulo de Formación Profesional Dual nas instalacións do antigo Centro de Recuperación de Aves, puidemos levar a cabo tres tipos de actividades. En primeiro lugar, visitar as instalacións e coñecer os novos proxectos para estes espacios. Despois, da man do Enxeñeiro de Montes Gaspar Bernárdez, percorremos a contorna do lago para coñecer a súa flora e fauna. Tamén pasamos un momento moi emocionante dándolle de comer ás cabras enanas e as ocas que hai dentro do valado. 

Por último, unha accción non menos emocionante, asistimos á plantación de varias árbores. En fin, que por un día nos convertimos en "axentes protectores do noso planeta". Agardamos que poidamos vivir moitos máis momentos coma este. 


Máis fotos na seguinte ligazón: https://photos.app.goo.gl/He5vv6LZ9YeoBpwT8

venres, 29 de abril de 2022

CANTAMOS O MAIO

 Os de primeiro cantamos o maio xunto aos de 2º A e 2º B. Foi moi divertido. Tivemos que aprendernos a copla e ensaiar varios días. Fixemos o maio con fiuncho e pampullos. Aínda nos dou traballo! Houbo que traballar en equipos de 3 ou catro. Clasificamos o fiuncho por tamaños e quitámoslle o talo aos pampullos. Despois,enfiamos a agulla e cosémolos a xeito de colares. AÍ ESTÁ O RESULTADO. Grazas a dúas mamás, Beni e Ana, puidemos terminar a tempo.




venres, 4 de xuño de 2021

"TRES EN RAIA" OU "PAI, FILLO, NAI"

   Quixemos poñer o noso gran de area no coidado do medio ambiente facendo o tradicional xogo do "Tres en raia" con material de refugallo. Que divertido xogar cun xoguete que fixeches coas túas propias mans!

Materiais empregados: cartón. tapóns de botellas de plástico, témperas e rotuladores.




mércores, 18 de novembro de 2020

ROBERTO. CREMA DE CASTAÑAS E CHOCOLATE

  ESPECTACULAR E RIQUÍSIMA DEBEU DE QUEDAR ESTA CREMA DE CASTAÑAS. 

Roberto puxo todo o seu interese e non saltou ningún paso nin se deixou ningún ingrediente atrás. Grazas por compartilo!



luns, 16 de novembro de 2020

FLAN CON CASTAÑAS. JOEL E SEU IRMÁN HUGO

 JOEL AMÓSANOS, XUNTO A SEU IRMÁN HUGO, COMO SE FAI UN FLAN CASEIRO DE CASTAÑAS. 

Hai que ver o ben que o pasaron! Grazas por compartir o vosos traballo.



mércores, 28 de outubro de 2020

PRESENTACIÓN DE JOEL: O CORPO HUMANO

        Xa que estamos estudando o corpo humano en Ciencias Naturais, JOEL tivo unha magnífica idea: Preparar unha presentación de diapositivas tipo Power Point. Buscou as imaxes axeitadas,descargounas.Escribiu un texto explicativo de cada imaxe. Ordeou as diapositivas e o resultado foi unha estupenda  presentación. Por último, esta semana amosounos o seu traballo proxectándoo na pantalla interactiva. Grazas por compartir o teu traballo, Joel!

domingo, 25 de outubro de 2020

OS COGOMELOS DE MAEL

   O pasado venres, Mael chegou ao colexio cunha cesta de cogomelos. Quería compartir con todos os seus compañeiros a súa afección polos fungos.


   Seus pais iniciárono nela e agora encántalle saír ao monte os fin de semana para recollelos e despois poder degustalos.

  Agora, grazas a Mael, os de 2º curso sabemos un pouco máis dos cogomelos. Por exemplo, sabemos que non debemos coller aqueles exemplares que non coñezamos. Isto é moi importante porque hainos comestibles e non comestibles.  Ademais, amosounos distintos exemplares, como son o boletus edulis ou os cantarelos, entre outros.

  


mércores, 15 de abril de 2020

ALBA QUEDA NA CASA

Alba pásao moi ben na casa. Xa sabiamos que lle gustaban as magdalenas pero tampouco se lle dá mal a creación plástica. Un arco da vella orixinal. Ben feito!

xoves, 9 de abril de 2020

XOGANDO A COMPOÑER MÚSICA

  Se che gusta a creación musical ou queres pasar un tempo xogando a ser compositor, Aulas Galegas preséntanos  INTRABOX, un xoguetiño co  que calquera pode compoñer as súas cancións e compartilas. Fai clic na imaxe e... Pásao ben!

sábado, 4 de abril de 2020

MATEO E AS SÚAS CREACIÓNS

    Con moita imaxinación, reutilizando materiais que temos na casa e un pouco de cartulina podemos facer cousas moi "chuliñas". Mateo preséntanos as súas creacións. Noraboa, "artista"!

venres, 3 de abril de 2020

XOGO EN FAMILIA

    A web Aulas Galegas ofrécenos este sinxelo e divertido xogo para toda a familia. Pincha na imaxe, lede as instruccións e... a pasalo ben!

    * Hoxe empezan as vacacións de Semana Santa. Serán unhas vacacións un pouco raras porque as pasaremos na casa. Durante as pasadas tres semanas estivestes traballando  moito e portándovos  ben, polo que queremos FELICITARVOS e animarvos a que sigades así.


     * Nas vacacións non subiremos ningunha proposta de traballo pero se queredes compartir algunha actividade divertida que fagades na casa podedes mandala aos nosos emails.

xoves, 26 de marzo de 2020

COAS MANS NA MASA

A Alba encántalle facer magdalenas; xa é casi unha experta. E seus pais están moi contentos de que lle guste e axude un pouco na casa. Quen dixo que os nenos de 6 ou 7 anos non podían facer nada na casa? Ademais, así váisenos pasando o tempo moito mellor. Ummm... Quen me dera probar unha desas ricas magdalenas!