Amosando publicacións coa etiqueta libros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta libros. Amosar todas as publicacións

martes, 27 de abril de 2021

"A FRAUTISTA DE HAMELÍN". Versión libre do conto clásico dos Irmáns Grimm

 Este ano quixemos celebrar o Día do Libro dándolle unha volta aos contos clásicos. Os de 2º eleximos  "O frautista de Hamelín", dos irmáns Grimm. O "profe" cambioulle o xénero ao protagonista e entre todos eleximos un final distinto para este conto. Despois, escribímolo e ilustrámolo entre todos; velaquí o resultado. Podedes ler o conto completo e, se queredes, tamén podedes imprimilo e encuadernalo e así teriades un libro para ler e de recordo deste curso.

martes, 12 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020. RICARDO CARBALLO CALERO(2º)

Para acceder ás actividades en liña facede clic AQUÍ.

LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARBALLO CALERO (1º)

Nas seguintes páxinas tes moitas actividades relacionadas con Ricardo Carballo Calero. Non tes que facer todas. Elixe as catro páxinas que máis che gusten e fainas. Se queres tamén podes facer máis ao longo deste mes.
Entra nas actividades en liña do Seminario Galán pinchando AQUÍ.

mércores, 6 de maio de 2020

"AS PITAS BAIXO A CHOIVA". RICARDO CARBALLO CALERO(1º e 2º)

    O 17 de maio celebramos en Galicia o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano está adicado ao escritor RICARDO CARBALLO CALERO. Publicou moitos libros na nosa lingua, libros de poesía, de teatro, novelas, etc.  Aquí cóntanos algo que lle pasou cando era pequerrechiño e que endexamais esquecería. Primero, podes escoitalo e velo. Despois, recoméndoche que o leas facendo pausas no vídeo. Seguro que che resultará divertido!

ACTIVIDADES SUXERIDAS:1.- Escolle a paxina que máis che gustou do conto, debúxaa nun folio, dálle cor e copia o texto coa túa millor letra. 2.- Grávate en vídeo lendo, recitando ou representando unha páxina ou dúas do conto. Compárteo con todos enviándomo ao correo.

martes, 14 de abril de 2020

EL GATO CON BOTAS

Ola de novo! Esperamos que esteades todos aí e con bo ánimo para seguir facendo cousas na casa. Hoxe queremos compartir con vós un conto clásico, El gato con botas. Seguro que o ides pasar ben léndoo. 
Actividade suxerida: Escolle a parte que máis che guste do conto, debúxaa e copia un párrafo do mesmo.

mércores, 1 de abril de 2020

ÁLVARO LE DENDE A CASA

Álvaro aproveita estes días para estar cómodo na casa e ler moito. Noraboa, Álvaro e grazas por compartir esta lectura.

DEBUXANDO CONTOS

A Joel tamén lle gustou o conto da Toupiña que quería saber que era aquilo que tiña na cabeza. Por outra banda, o debuxo é algo que lle gusta bastante; aí tendes a proba, unha viñeta do conto. Grazas por compartilo.

MARYAM PÁSAO MOI BEN NA CASA

"Eu quedo na casa"
"Gústame estar rodeada de libros"










Maryam vese que disfruta na casa  debuxando, xogando e lendo. Felicidades!

luns, 30 de marzo de 2020

LEMOS UN LIBRO

HOXE PODEDES LER UN LIBRO COMPLETO. A EDITORIAL SALVAT PON Á NOSA DISPOSICIÓN DURANTES ESTES DÍAS UN FEIXE DE LIBROS DE BALDE, É DICIR, QUE PODEMOS BAIXAR DE XEITO GRATUITO. ESTÁ PENSADO PARA OS LECTORES AVANZADOS DE 1º E , POR SUPOSTO, PARA 2º, 3ºE 4º .A VER SE VOS GUSTA. Se queres facer o teu propio "Libro da selva" nun folio, ánimo e compárteo!

venres, 27 de marzo de 2020

IMATEO ILUSTRA O CONTO DA TOUPIÑA



Foi ver neste blog hoxe pola mañá o conto de "A Toupiña que quería saber quen lle puxera aquilo na cabeza" e púxose a debuxalo. Mateo fíxoo en 6 viñetas, como se dun comic se tratase. 
Un gran traballo!

O CONTO DA TOUPIÑA

Na web de Aulas Galegas(As miñas webs) atopamos este conto que podemos ler, escoitar e cantar. Pasade un momento divertido! Sei que vos gusta debuxar e colorear moito. Podes coller un folio, unhas ceras ou unhas pinturas e debuxar o conto á túa maneira. Ánimo!