martes, 27 de abril de 2021

"A FRAUTISTA DE HAMELÍN". Versión libre do conto clásico dos Irmáns Grimm

 Este ano quixemos celebrar o Día do Libro dándolle unha volta aos contos clásicos. Os de 2º eleximos  "O frautista de Hamelín", dos irmáns Grimm. O "profe" cambioulle o xénero ao protagonista e entre todos eleximos un final distinto para este conto. Despois, escribímolo e ilustrámolo entre todos; velaquí o resultado. Podedes ler o conto completo e, se queredes, tamén podedes imprimilo e encuadernalo e así teriades un libro para ler e de recordo deste curso.

xoves, 22 de abril de 2021

HORTO ESCOLAR: RECOLLENDO OS FROITOS

 
Onte visitamos o horto escolar para recoller leitugas e sacar as malas herbas. Medraron rapidamente as leitugas, xa están para unha boa ensalada! O malo é que non puidemos plantar para todos e so nos tocaron cinco. Houbo que sortealas. Noraboa aos afortunados!





mércores, 21 de abril de 2021

SEMENTANDO LENTELLAS

 Estes días estamos estudiando as PLANTAS. As plantas son seres vivos que nacen, medran, se reproducen e morren. Para comprobalo levamos todos un vaso de iogur e unhas lentellas. 

LUNS   12  ABRIL

- Sementamos as lentellas

MÉRCORES  14 ABRIL

- As lentellas empezan a xermolar


VENRES   16 ABRIL

- Asoman os primeiros talos

MARTES  20 ABRIL

- Xa medraron varios centímetros os talos