Amosando publicacións coa etiqueta Plástica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plástica. Amosar todas as publicacións

domingo, 6 de febreiro de 2022

A BOTELLA DA CALMA

 A profesora Ruth propúxonos unha actividade moi interesante: Facer, por grupos, a "Botella da calma". Foi moi emocionante! Necesitamos unha botella de auga de litro e medio, auga fría e auga morne, purpurina, estreliñas e tinte. Cando sacudes a botella, mistúrase todo e provoca un efecto calmante. De agora en diante, se algún de nós está nervioso ou moi preocupado só ten que coller unha botella da calma, axitala e quedarse un pouco mirándoa.




venres, 29 de outubro de 2021

venres, 4 de xuño de 2021

"TRES EN RAIA" OU "PAI, FILLO, NAI"

   Quixemos poñer o noso gran de area no coidado do medio ambiente facendo o tradicional xogo do "Tres en raia" con material de refugallo. Que divertido xogar cun xoguete que fixeches coas túas propias mans!

Materiais empregados: cartón. tapóns de botellas de plástico, témperas e rotuladores.




DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DO MEDIO AMBIENTE COA PRESENTACIÓN DUNHA FIGURA, Á QUE DEMOS EN CHAMAR BRICORROBOT.  TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE ESCOITAR AO SEU PROPIO AUTOR, JOSÉ MARÍA VIÑAS,EXPLICÁNDONOS COMO O FOI FACENDO USANDO UNICAMENTE MATERIAIS DE REFUGALLO, É DECIR, MATERIAIS QUE TIÑAN COMO DESTINO O CONTEDOR DO LIXO.


 


martes, 22 de decembro de 2020

FINALISTAS NO CONCURSO DE POSTAIS NAVIDEÑAS

 Ainhara, Noelia e Leire volveron a amosar a súa creatividade e a súa boa man nos traballos de debuxo e pintura. Elas foron finalistas no Concurso de Postais Navideñas. Noraboa!



mércores, 20 de maio de 2020

PREMIO A UN ORIXINAL DESEÑO

   
Noelia participou no concurso "O amuleto-xoia d@s miniheroes", convocado pola Xoiería  Rosant, e conseguiu o 3º premio na categoría A. Aquí podemos ver o fermoso debuxo creado por Noelia e o momento no que recolle o seu premio, un estupendo reloxo. NORABOA!

martes, 28 de abril de 2020

QUE RICA SOBREMESA!

A Ainhara gústalle moito crear cousas novas  e as ricas sobremesas. Púxose mans á obra e mirade que plato tan rico e ben presentado. Mesmo dá pena comelo!

venres, 24 de abril de 2020

mércores, 15 de abril de 2020

AINHARA E O GATO CON BOTAS

   Ainhara leu o conto de O gato con botas e parece que lle gustou. Mirade que boa man ten para o debuxo e a pintura! Que emoción expresa cos seus ollos, a súa boca e a súa cara?

ALBA QUEDA NA CASA

Alba pásao moi ben na casa. Xa sabiamos que lle gustaban as magdalenas pero tampouco se lle dá mal a creación plástica. Un arco da vella orixinal. Ben feito!

sábado, 4 de abril de 2020

MATEO E O SEU "MOLINILLO"

A Mateo gústanlle as manualidades. Mirade que molinillo tan ben traballado. Ben feito, Mateo!

MATEO E AS SÚAS CREACIÓNS

    Con moita imaxinación, reutilizando materiais que temos na casa e un pouco de cartulina podemos facer cousas moi "chuliñas". Mateo preséntanos as súas creacións. Noraboa, "artista"!

domingo, 29 de marzo de 2020

NOELIA . O CONTO DA TOUPIÑA

  Noelia partiuse de risa co conto da Toupiña. Mirade que versión máis "chula" fixo do conto. Ben feito!
   Lembrade que podedes deixar os vosos comentarios  a pé de imaxe.

sábado, 28 de marzo de 2020

AINHARA E OS SEUS PERSONAXES

A Ainhara gústalle crear os seus personaxes e darlle vida para xogar con eles. A ti tamén che gusta inventar historias ou fabricar personaxes? Anímate e compárteo con todos!

venres, 27 de marzo de 2020

IMATEO ILUSTRA O CONTO DA TOUPIÑA



Foi ver neste blog hoxe pola mañá o conto de "A Toupiña que quería saber quen lle puxera aquilo na cabeza" e púxose a debuxalo. Mateo fíxoo en 6 viñetas, como se dun comic se tratase. 
Un gran traballo!

mércores, 25 de marzo de 2020

NOELIA QUEDA NA CASA. VIRUS FÓRA!



 Noelia quixo amósarnos o seu bo gusto polos traballos plásticos.
Á esquerda vemos unha pancarta para colgar do balcón. Nela inclúe a toda a familia coas mans e mantén á raia aos coronavirus. Á dereita, lucindo a súa espectacular diadema, un debuxo máis persoal do arco da vella.

"OS VIRUS NON PASAN"














Joel comparte con nós este poema. A poesía sérvenos para expresar como nos sentimos. E ti... Como te sentes? Escribe un poema, debuxa, le unha historia, inventa unha canción,... E, se queres, podes compartila. Ou deixar os teus comentarios.

sábado, 21 de marzo de 2020

QUE BEN SE ESTÁ NA CASA!

Borja e Leire regálannos este estupendo mural. Noraboa polo voso traballo. Que ben se está na casa, a que si!