Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

mércores, 8 de febreiro de 2023

XORNADA MEDIOAMBIENTAL NO LAGO DE CASTIÑEIRAS

O pasado venres, 3 de febreiro, pasamos unha estupenda mañán no Lago de Castiñeiras. Grazas á colaboración da Asociación Juan XXIII, que ten un módulo de Formación Profesional Dual nas instalacións do antigo Centro de Recuperación de Aves, puidemos levar a cabo tres tipos de actividades. En primeiro lugar, visitar as instalacións e coñecer os novos proxectos para estes espacios. Despois, da man do Enxeñeiro de Montes Gaspar Bernárdez, percorremos a contorna do lago para coñecer a súa flora e fauna. Tamén pasamos un momento moi emocionante dándolle de comer ás cabras enanas e as ocas que hai dentro do valado. 

Por último, unha accción non menos emocionante, asistimos á plantación de varias árbores. En fin, que por un día nos convertimos en "axentes protectores do noso planeta". Agardamos que poidamos vivir moitos máis momentos coma este. 


Máis fotos na seguinte ligazón: https://photos.app.goo.gl/He5vv6LZ9YeoBpwT8

luns, 2 de novembro de 2020

PREMIOS SAMAÍN 2020: PRIMEIROS PREMIOS PARA 2º

      Os nenos e nenas de 2º curso estamos de noraboa xa que obtivemos dous primeiros premios no SAMAÍN 2020.

      Dunha banda, no Concurso de Debuxos Terroríficos, Ainhara Villanueva Veiga obtivo o 1º Premio na categoría de 1º, 2ºe 3º.

      Doutra banda, Álvaro Veiga Balagones obtivo o 1º Premio á Mellor Cabaza na mesma categoría co seu "Pallaso diabólico"

     NORABOA AOS PREMIADOS ! 

    Aínda que sexan premios individuais e nos alegramos moito por Ainhara e Álvaro, tamén o consideramos un premio de todos, de todo o grupo. Todos fixeron un bo debuxo, algúns moi bos; algúns fixérono na casa e despois outro no cole. Felicitacións a todos polos vosos traballos. E que decir das cabazas! Presentáronse cabazas moi orixinais e de moito traballo. Todas eran merecedoras de premio. Grazas a todos e todas polo voso tempo e o voso esforzo!

  • Todos os traballos premiados xunto á exposición de cabazas talladas están publicados na web do colexio e no blog da Biblioteca.
Álvaro recolle cheque e diploma



 Ainhara recibe o seu premio