xoves, 1 de decembro de 2022
mércores, 9 de novembro de 2022
venres, 28 de outubro de 2022
SAMAÍN 2022 CONTOS DE MEDO
xoves, 27 de outubro de 2022
O XOGO DA MIÑOCA
Dentro do programa Revitaliza, da Deputación Provincial de Pontevedra, hoxe asistimos a un obradoiro de reciclaxe e compostaxe basado nun xogo de mesa, O XOGO DA MIÑOCA. O primeiro paso para reciclar é unha correcta separación do lixo. CADA COUSA NO SEU CONTEDOR.
martes, 21 de xuño de 2022
mércores, 15 de xuño de 2022
EXCURSIÓN AO MONTE PITUCO
Un espazo natural con riqueza de flora e fauna, con restos de gravados rupestres e unhas impresionantes vistas de Marín e a súa ría. Témolo á porta da casa pero é descoñecido por moitos. Grazas aos veciños de San Xulián que, no seu día loitaron para que seguira sendo espazo natural. É deber de todos coñecelo e coidalo.
xoves, 9 de xuño de 2022
FIN DO CICLO DO VERME DE SEDA: A AVELAÍÑA
Xa temos unha AVELAÍÑA, última fase na vida do gusano de seda. O que empezou sendo un ovo, logo unha larva, despois un verme, transformouse en capullo ou crisálida e, finalmente, en avelaíña("polilla"). Na foto vémola movéndose pola parede da caixa.
martes, 7 de xuño de 2022
luns, 30 de maio de 2022
mércores, 25 de maio de 2022
OS VERMES DA SEDA
Nas aulas de 1º e 2º vemos como se desenvolve a vida animal no caso singular do VERME DE SEDA. O aproveitamento destes vermes para a producción de seda comezou na China hai miles de anos.
É un caso de METAMORFOSE, é decir, pasa por distintas fases:
1º OVO 2º LARVA 3º EIRUGA 4º CAPULLO/CRISÁLIDA 5º BOLBORETA/AVELAÍÑA
![]() |
Á dereita, abaixo, unha eiruga. |
venres, 29 de abril de 2022
CANTAMOS O MAIO
Os de primeiro cantamos o maio xunto aos de 2º A e 2º B. Foi moi divertido. Tivemos que aprendernos a copla e ensaiar varios días. Fixemos o maio con fiuncho e pampullos. Aínda nos dou traballo! Houbo que traballar en equipos de 3 ou catro. Clasificamos o fiuncho por tamaños e quitámoslle o talo aos pampullos. Despois,enfiamos a agulla e cosémolos a xeito de colares. AÍ ESTÁ O RESULTADO. Grazas a dúas mamás, Beni e Ana, puidemos terminar a tempo.
luns, 11 de abril de 2022
martes, 8 de febreiro de 2022
domingo, 6 de febreiro de 2022
A BOTELLA DA CALMA
A profesora Ruth propúxonos unha actividade moi interesante: Facer, por grupos, a "Botella da calma". Foi moi emocionante! Necesitamos unha botella de auga de litro e medio, auga fría e auga morne, purpurina, estreliñas e tinte. Cando sacudes a botella, mistúrase todo e provoca un efecto calmante. De agora en diante, se algún de nós está nervioso ou moi preocupado só ten que coller unha botella da calma, axitala e quedarse un pouco mirándoa.
luns, 31 de xaneiro de 2022
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)