martes, 31 de marzo de 2020
MATEMÁTICAS 2º
Lembrade que non é imprescindible imprimir a ficha; podedes copiar os problemas nunha libreta, folio, etc. Podedes deixar as dúbidas en comentarios.
SABELA, AS ZOCAS MÁXICAS E O CORONAVIRUS.(PROXECTO AULAS GALEGAS)
Esperamos que, con esta canción de José Carbia profe do CEE de Velle con pictogramas e a adaptación de Tareixa Martínez do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios á lingua de signos, todas e todos poidamos comprender por que é importante a expresión “Eu quedo na casa”.
Achegamos primeiro a canción cos pictogramas e logo o vídeo en lingua de signos.
Agardamos que guste a toda a rapazada!!!
* Gustouche a canción? Deixa a túa opinión en Comentarios
* Elixe o teu pictograma favorito do vídeo e píntao nun folio
---
Importante: Visita os blogs de Inglés, Ed. Física, Música, etc. que están na web do CEP Sequelo
luns, 30 de marzo de 2020
MATEMÁTICAS 1º
Para os que terminastes no Cuaderno de Matemáticas a Unidade 9, esta fichas serven como REFORZO. Sei que as podedes resolver pero, se tendes dúbidas, podedes preguntar en "Comentarios" deste mesmo blog ou polo gmail. ÁNIMO!
LEMOS UN LIBRO
HOXE PODEDES LER UN LIBRO COMPLETO. A EDITORIAL SALVAT PON Á NOSA DISPOSICIÓN DURANTES ESTES DÍAS UN FEIXE DE LIBROS DE BALDE, É DICIR, QUE PODEMOS BAIXAR DE XEITO GRATUITO. ESTÁ PENSADO PARA OS LECTORES AVANZADOS DE 1º E , POR SUPOSTO, PARA 2º, 3ºE 4º .A VER SE VOS GUSTA. Se queres facer o teu propio "Libro da selva" nun folio, ánimo e compárteo!
RESOLVEMOS PROBLEMAS 2º
Hoxe imos repasar a resolución de problemas. Se podes, imprime as seguintes páxinas; se non, copia os problemas directamente nunha libreta ou folio. Acórdate de ler ben o problema varias veces, subliñar os datos e repasar as operacións.
domingo, 29 de marzo de 2020
NOELIA . O CONTO DA TOUPIÑA
sábado, 28 de marzo de 2020
AINHARA E OS SEUS PERSONAXES
A Ainhara gústalle crear os seus personaxes e darlle vida para xogar con eles. A ti tamén che gusta inventar historias ou fabricar personaxes? Anímate e compárteo con todos!
venres, 27 de marzo de 2020
IMATEO ILUSTRA O CONTO DA TOUPIÑA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



