venres, 29 de abril de 2022

CANTAMOS O MAIO

 Os de primeiro cantamos o maio xunto aos de 2º A e 2º B. Foi moi divertido. Tivemos que aprendernos a copla e ensaiar varios días. Fixemos o maio con fiuncho e pampullos. Aínda nos dou traballo! Houbo que traballar en equipos de 3 ou catro. Clasificamos o fiuncho por tamaños e quitámoslle o talo aos pampullos. Despois,enfiamos a agulla e cosémolos a xeito de colares. AÍ ESTÁ O RESULTADO. Grazas a dúas mamás, Beni e Ana, puidemos terminar a tempo.




martes, 8 de febreiro de 2022

domingo, 6 de febreiro de 2022

A BOTELLA DA CALMA

 A profesora Ruth propúxonos unha actividade moi interesante: Facer, por grupos, a "Botella da calma". Foi moi emocionante! Necesitamos unha botella de auga de litro e medio, auga fría e auga morne, purpurina, estreliñas e tinte. Cando sacudes a botella, mistúrase todo e provoca un efecto calmante. De agora en diante, se algún de nós está nervioso ou moi preocupado só ten que coller unha botella da calma, axitala e quedarse un pouco mirándoa.




luns, 20 de decembro de 2021

O TREN DE NADAL. QUE DIVERTIDO É IR NO TREN!

 O pasado venres pasámolo moi ben no Tren de Nadal. Fomos cos de 3º, cada un no seu vagón, claro! Pasamos polo centro de Marín e saímos cara a carreteira das praias: Portocelo, Mogor e Aguete. Facía algo de frío pero foi divertido porque lle dixemos OLA a moita xente.





mércores, 24 de novembro de 2021

O descubrimento do lume

 Dentro do Proxecto OS INVENTOS QUE CAMBIAN O MUNDO, os de 1º e 2º estamos investigando O LUME. Canto cambiou a vida dos homes primitivos este descubrimento! Co lume podían cociñar os alimentos e dáballes luz e calor.