Os nenos e nenas de 2º curso estamos de noraboa xa que obtivemos dous primeiros premios no SAMAÍN 2020.
Dunha banda, no Concurso de Debuxos Terroríficos, Ainhara Villanueva Veiga obtivo o 1º Premio na categoría de 1º, 2ºe 3º.
Doutra banda, Álvaro Veiga Balagones obtivo o 1º Premio á Mellor Cabaza na mesma categoría co seu "Pallaso diabólico"
NORABOA AOS PREMIADOS !
Aínda que sexan premios individuais e nos alegramos moito por Ainhara e Álvaro, tamén o consideramos un premio de todos, de todo o grupo. Todos fixeron un bo debuxo, algúns moi bos; algúns fixérono na casa e despois outro no cole. Felicitacións a todos polos vosos traballos. E que decir das cabazas! Presentáronse cabazas moi orixinais e de moito traballo. Todas eran merecedoras de premio. Grazas a todos e todas polo voso tempo e o voso esforzo!
- Todos os traballos premiados xunto á exposición de cabazas talladas están publicados na web do colexio e no blog da Biblioteca.
Álvaro recolle cheque e diploma |
Ainhara recibe o seu premio |
Ningún comentario:
Publicar un comentario