Este ano o entroido é diferente. Non están os tempos para moitas festas, non podemos esquecernos do protocolo sanitario. Pero tamén é importante non esquecer as boas tradicións e rirnos de nós mesmos de vez en cando.
Quixemos recuperar a "ancestral" tradición de DISFRÁZATE CO QUE TEÑAS MÁIS Á MAN, o que mesmo no noso concello chegou a recibir distintos nomes: VASCALLEIRO, MASCARITA, CHOQUEIRO. Cada día trouxemos unha prenda diferente e o venres, último día, xuntamos todas as prendas, engadimos algunha máis e xa tes o disfraz de VASCALLEIRO.
|
Omércores, de garavata. |
|
O martes, un calcetín dun xeito e outro doutro. |
|
O xoves, mandil |
Ningún comentario:
Publicar un comentario