Este ano quixemos celebrar o Día do Libro dándolle unha volta aos contos clásicos. Os de 2º eleximos "O frautista de Hamelín", dos irmáns Grimm. O "profe" cambioulle o xénero ao protagonista e entre todos eleximos un final distinto para este conto. Despois, escribímolo e ilustrámolo entre todos; velaquí o resultado. Podedes ler o conto completo e, se queredes, tamén podedes imprimilo e encuadernalo e así teriades un libro para ler e de recordo deste curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario