venres, 11 de xuño de 2021
venres, 4 de xuño de 2021
"TRES EN RAIA" OU "PAI, FILLO, NAI"
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
HOXE CELEBRAMOS O DÍA DO MEDIO AMBIENTE COA PRESENTACIÓN DUNHA FIGURA, Á QUE DEMOS EN CHAMAR BRICORROBOT. TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE ESCOITAR AO SEU PROPIO AUTOR, JOSÉ MARÍA VIÑAS,EXPLICÁNDONOS COMO O FOI FACENDO USANDO UNICAMENTE MATERIAIS DE REFUGALLO, É DECIR, MATERIAIS QUE TIÑAN COMO DESTINO O CONTEDOR DO LIXO.mércores, 19 de maio de 2021
martes, 27 de abril de 2021
"A FRAUTISTA DE HAMELÍN". Versión libre do conto clásico dos Irmáns Grimm
Este ano quixemos celebrar o Día do Libro dándolle unha volta aos contos clásicos. Os de 2º eleximos "O frautista de Hamelín", dos irmáns Grimm. O "profe" cambioulle o xénero ao protagonista e entre todos eleximos un final distinto para este conto. Despois, escribímolo e ilustrámolo entre todos; velaquí o resultado. Podedes ler o conto completo e, se queredes, tamén podedes imprimilo e encuadernalo e así teriades un libro para ler e de recordo deste curso.
xoves, 22 de abril de 2021
HORTO ESCOLAR: RECOLLENDO OS FROITOS
mércores, 21 de abril de 2021
SEMENTANDO LENTELLAS
Estes días estamos estudiando as PLANTAS. As plantas son seres vivos que nacen, medran, se reproducen e morren. Para comprobalo levamos todos un vaso de iogur e unhas lentellas.
LUNS 12 ABRIL
- Sementamos as lentellas
MÉRCORES 14 ABRIL
- As lentellas empezan a xermolar
VENRES 16 ABRIL
- Asoman os primeiros talos
MARTES 20 ABRIL
- Xa medraron varios centímetros os talos











